Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Unha marea verde sobre Galiza

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Unha marea verde sobre Galiza

Unha marea verde sobre Galiza

O vindeiro venres será presentada en Compostela a nova rede “Galiza Non Se Vende”, unha ampliación da antiga Rede Litoral Vivo que organizou a manifestación do 6 de maio en defensa do territorio

Enviada por Kropotkin Kropotkin o 13/11/2007 12:42

Unha grande marea verde tenta recuperar a dignidade case olvidada que emanou dos galegos e galegas cando o Prestige. Non é que esa dignidade sexa volátil e só apareza en momentos de crise; sucede que determinados estamentos prefiren inventarse a sumisión deste pobo case como unha cualidade que nos distingue, e fano en beneficio propio. Un tópico que como todos resulta fácil de vender e cun alto rendemento para os seus propagadores. Inculcar a idea do inevitábel como inherente á nosa vida, fainos máis mansos, máis obedientes e maleabeis. Pero a realidade é distinta á que pretenden vender os novos mercadores de ideas, aliados dos mercadores do territorio.
A sociedade galega está a demostrar que está á cabeza das que aínda teñen capacidade e ilusión por defender o máis preciado que Galiza ten; o que lle confire unha imaxe; o que outorga aos galegos unha identidade labrada durante séculos. Unha terra na que conflúen rías, montañas, fragas, cores e vida. Escasas son as ocasións e os países nos que a meirande parte de organizacións ecoloxistas e colectivos cidadáns se xuntan para defender a integridade do territorio. E na Galiza estase a dar esa oportunidade. O amplo movemento social orixinado pola catástrofe do Prestige, capaz de “derrocar” ao último ditador galego, ten a súa continuidade na resposta que o 6 de maio a sociedade galega deu aos que fan da cobiza o seu modo de vida, aos que viven da destrución das rías, das fragas e das serras. Este movemento nacido como Rede Litoral Vivo e hoxe rebautizado cun nome tan aleccionador como “Galiza non se vende” ten un dos mais grandes obxectivos que un pobo poida procurar: unha terra viva e unha vida digna para todos. Esta opinión é compartida por moitos galegos e como tal será garante da súa pervivencia. Onte o xornal El País recollía o parecer de persoas coñecedoras da realidade social e involucradas na defensa de Galiza.
O cambio na sociedade galega, opinan moitos dos protagonistas da crise do Prestige, non ten marcha atrás. As organizacións sindicais e políticas fixéronse autónomas e xorden movementos cidadáns e asociacións de todo tipo. Non por casualidade, o medioambiente é a principal fronte reivindicativa. O cambio experimentado pola sociedade galega vese hoxe, segundo De Toro e Rivas, no movemento de oposición ao plan de piscifactorías, que pretende expropiar máis de tres millóns de metros cadrados xunto ao mar para entregarllos en concesión ás empresas. Tamén na recolleita de 21.000 firmas contra a legalización de canteiras en Ou Courel, ou na creación dunha rede de organizacións cidadás en defensa do litoral, denominada Rede Litoral Vivo. Rivas recórdalle ao bipartito que “parte consustancial da súa existencia é esta sociedade crítica” e De Toro está convencido de que a transformación non ten volta atrás. El País


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha marea verde sobre Galiza