Os Comités Abertos de Estudantes en colaboración cos Comités Abertos de Escola e Faculdade estamos a desenvolver unha intensa campaña nos centros de ensino medio e superior da Galiza contra os atrancos académicos para o acceso ao ensino superior e pola supresión da Selectividade e a Limitación de Prazas.
Acceso libre á Universidade!
Nin Límite de Prazas,
Nin Selectividade!
Dos múltiples problemas e erros que presenta o actual sistema educativo, baseado na simple adquisición de dados que logo verques nun papel en forma de exame sen realmente afondar no coñecemento das materias que cursas, podemos salientar como un dos máis graves o da Proba de Acceso á Universidade máis coñecida como Selectividade.
A selectividade é unha proba absolutamente vergoñenta, tanto para o estudante como para o sistema educativo xa que a necesidade de ter que superar un exame presupon que este sistema non garante a aptitude dos estudantes que superaran o Bacherelato, logo admite o seu fracaso e bota nas costas dos estudantes a súa propria incapacidade.
Outro dos atrancos importantes é o Límite de Prazas dalgunhas titulacións. Moitos estudantes non poden acceder á carreira que queren e isto sen dúbida é a principal causa de abandono nas Universidades, o que é aínda mais grave sabendo que hoxe poden soportar a nível económico e infraestrutural que todo aquel que queira cursar unha titulación poida facelo sen negún atranco.