Vieiros

Vieiros de meu Perfil


'a porta verde do sétimo andar' dá a coñecer a súa primeira publicación

O colectivo vigués presentará na Galería Sargadelos de Vigo o libro de poemas 'A porta verde do sétimo andar'. A cita será o xoves 20 de setembro, ás 20 horas.

Enviada por alberte alberte o 14/09/2007 13:11
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

Despois de dous anos de actividade, promovendo o activismo poético en distintos locais da cidade de Vigo, 'A porta verde do sétimo andar' saca do prelo a súa primeira obra colectiva. En edición d@s autor@s, Elvira Riveiro Tobío, Alfonso Láuzara, Luís Viñas, Cruz Martínez, Rosa Martínez, Manolo Pipas, Abilio Rodríguez, Alfonso Rodríguez e Alberte Momán, aportan nove formas de traspasar as portas da poesía.
O libro, que non se atopa nas librerías, pódese solicitar por medio do correo electrónico aportaverde[arroba]gmail.com, ou asistindo aos actos do colectivo. O custe é de 10 €.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: