O grupo "Distribuciones Froiz" presume da fidelidade dos clientes como un dos motores da sua posición no mercado. Queremos parabenizar a Froiz pola sua presenza nas novas tecnoloxías, nomeadamente polo seu servizo de venda dende a rede; mais ao tempo, reclamarlle que faga uso da lingua propia de Galiza, a lingua dunha importante parte dos seus clientes e clientas. A maiores, topónimos como Bayona, La Guardia, Mellid, Noya, Ordenes, Puenteareas, Puentecesures..., que atopamos no seu web, ofenden o noso orguio. Envialles un correo, lembrandolles o noso dereito a elixir ou cambiar de empresa.
Envía o prego dende eiquí:http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/index.php?option=com_obxetivos&task=envioweb&id=97
Texto do Prego:Prezado Sr./Sra. Director/a:Veño de visitar o seu web e quero transmitirlle que estou fachendoso de
que unha empresa galega traballe dende as novas tecnoloxías. Mais boto
en falta algo: poder ler o seu contido na lingua propia de Galiza, a
miña lingua.Para o seu coñecemento e efectos, e como potencial cliente desa
entidade, desexo manifestar o meu descontento polo menoscabo que coa
lingua propia deste país ten a entidade que vostede dirixe. Desexo
facerlle constar que me agradaría que toda a documentación e
publicidade, inclúindo as súas páxinas Web que veño de visitar,
estivesen na miña lingua.Quero tamén expresarlle o meu profundo desagrado ao atopar topónimos
deturpados no seu web que ofenden o meu orgullo, polo que lle prego
que, para a miña satisfacción como potencial cliente, empreguen as
formas oficiais.Informolle que estas cuestións terán moita importancia para min á hora
de elixir ou cambiar de empresa nos tramos de servizos que prestan.NOME
DNI
Fío deste obxetivo nos foros por se queres colaborar ou deixar unha opinión:http://www.ciberirmandade.org/foros/viewtopic.php?t=1973