Os nosos políticos dando a nota e facendo peto, perdón Patria
As declaracións de Encarna Otero son de todo ponto encomiabeis. Non é fácil atopar un cargo político que se exprese con tanta claridade sobre un tema como o complemento que han receber os altos cargos da administración que son funcionarios cando decidan abandonar o posto de designación. A cantidade a receber pola cara e para toda a vida supera moi moito os salarios de moitísimas persoas que teñen que venderen a súa vida, durante moitas horas, con xornadas laborais amplas.
Según conta o señor Méndez Romeu, esta disposición está tamén recollida no Estatuto da Función Pública estatal e máis noutras disposicións autonómicas e, claro, o señor Méndez atopa normal e natural que tamén aquí, en Galiza, os nosos políticos disfruten dunha prebenda tan caprichosa coma insultante.
A persoa que vai á política vai porque así o quer. Que se saiba, non van obrigados, agás polo amor a Galiza que, dito sexa de paso, comeza a ser un amor amplamente correspondido, porén che divorcies máis adiante.
Seica, os tres grupos políticos do Parlamento galego coincidiron plenamente en que os cargos políticos receban o complemento de marras desde o ano 1981. Caprichosa data. Podía ser calquer outra. 1981 está ben, así atrapan tamén os altos cargos de Laxe e todos os fenómenos que nomeaou Manolo Fraga.
Particularmente, non teño máis que agardar. Comigo que non contén para lles volver votar. A nengún. Tampouco a Quim.