Vieiros

Vieiros de meu Perfil


'O alento da musa', libro do ferrolán Alberte Momán, na Galería Sargadelos de Compostela

O xoves día 28 de xuño, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos de Compostela acollerá a presentación de 'O alento da musa', do escritor ferrolán Alberte Momán.
Neste acto intervirá, ademais do propio autor, o editor Xavier Paz.

Enviada por alberte alberte o 25/06/2007 18:23

En O alento da musa, a premisa de que as grandes historias da literatura poden comezar detrás dunha caixa rexistradora serve de escusa para presentar esta breve pero intensa amálgama de vidas frustradas, vítimas da necesidade. O libro é, non obstante, unha visión optimista que mostra a non conformidade dos personaxes con todo canto lles acontece, para deixar de seren vítimas, pasando a controlaren o propio destino. En palabras do autor, «Detrás dunha caixa rexistradora atopei a submisión a un traballo atordante, a necesidade que a miña protagonista ten de sentirse acompañada, de volver formar parte do mundo. Detrás dunha caixa rexistradora atopei un dos grandes males da sociedade deshumanizada.» A edición do libro leva incluído un exemplar do caderno de poemas Déixanse levar, do propio Alberte Momán. Con O alento da musa, Difusora dá comezo á súa nova colección Literal, que acollerá obras de narrativa e poesía. O libro está xa nas librarías galegas ao prezo de 14,50 euros.  

  • Imprimir


  • Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: