As Chozas é unha aldea situada na Serra do Xuido, provincia de Pontevedra. As Chozas é tamén un proxecto de ecoaldea formado por 14 persoas e que actualmente se atopa en pleno proceso de construción sendo un banco de probas de deseño permacultural así como de técnicas de bioconstrución e outras técnicas sostibles. Ao longo dos meses de xullo e agosto realizaremos a seguinte serie de traballos e actividades. Invitámosche a participar se estás interesade@.
Actividades
- Traballo con barro e palla: encintado, enfoscados e rebocos, chans.
- Construción dun ariete hidráulico.
- Traballos de carpintería e cantería en pedra.
- Construción dun baño seco.
- Curso de permacultura (ver máis abaixo).
Ademais destes traballos realizaremos varios talleres abertos a tod@s. Estes talleres serán unha toma de contacto sobre os conceptos básicos de cada tema. O programa de talleres é:
- Que é a comunicación asertiva: Domingo 1 de Xullo.
- Funcionamento en grupos e visión común: Domingo 8 de Xullo.
- Consenso. Como usalo na toma de decisións: Domingo 15 de Xullo.
- Clase de iniciación de Ioga Igengar: Domingo 22 de Xullo.
- Coñecemento da zona. Paseo na natureza: Domingo 29 de Xullo.
Para mais información sobre estes talleres escribir a beatriznietonovoa (arroba) hotmail (punto) com - cesarfp73 (arroba) yahoo (punto) es
A estancia para @s participantes é gratuíta. Se queres participar é importante avisar con antelación: trebelho14 (arroba) yahoo (punto) es (657485859 – 661466690)
Curso de certificado de Deseño en Permacultura en Galicia:
Cultura Permanente - Deseño de asentamentos humanos sostibeis
13-28 Agosto de 2007
(Documento do curso en PDF)
O curso terá lugar no Lugar de
As Chozas (Concello de A Lama – Pontevedra)
O Curso de Certificado de Deseño en PermaCultura está recoñecido en todo o mundo e consiste en 72 horas mínimas de ensinanza + práctica en deseño, que cobren os fundamentos da PermaCultura. Só pode ser certificado por os Diplomados recoñecidos por a Academia Internacional de PermaCultura.
5 módulos de venres, sábado e domingo
- MÓDULO 1: Coidar á Xente
14, 15 e 16 de Agosto - MÓDULO 2: Técnicas de Deseño
17, 18 e 19 de Agosto - MÓDULO 3: Coidar á Terra
20, 21 e 22 de Agosto - MÓDULO 4: Eco-tecnoloxía-Bioconstrucción
24, 25 e 26 de Agosto - MÓDULO 5: Eco-economía e Compartir
27, 28 e 29 de Agosto
Cada Cursiño / Módulo de 3 días ten a súa certificación como cursiño / módulo independente. Os 5 módulos completos (90 horas), dan dereito ao Certificado de Deseño de PermaCultura homologado por a:
Academia de Permacultura Nodo Espiral EspañaInformación e inscricións: trebelho14 (arroba) yahoo (punto) es (661466690). Prazas limitadas.
O curso está indicado para persoas de todas as idades,técnicos que traballan en axendas 21 locais, agricultores e gandeiros ecolóxicos, estudantes, técnic@s e traballadores agrícolas e forestais; amais de persoas que estean a desenvolver actividades sostíbeis: granxas, hortas, turismo rural, asociacións, colectivos...
As dimensións do curso, deben de ofrecer @s participantes respostas e alternativas, coa aplicación dos principios de PermaCultura, para a producción de alimentos, a xestión do hábitat e o deseño da economía e da vida comunitaria.
Custo do curso:
- Inversión na túa Formación e
- apoio á Rede de PermaCultura
- Módulo (3 días): 200€ / 150€(*)
- Curso (5 módulos/15 días): 750€ / 675€(*)
Desconto do 10% por cada amig@ que apuntes.
(*) Se pagas a totalidade, antes de 15 días da celebración do módulo ou do curso.
Para becas e trocos, consulta connosco.
O custo cubre: Clases teóricas e prácticas, material de apoio, seguro de accidentes e responsabilidade civil e certificado de asistencia.
Aloxamento:habilitarase zona de acampada. Necesario traer tenda.
Manutención: As Chozas ofrece a manutención por 10 € dia .Inclúe almorzo,comida e cea vexetarianos. Pódese pagar a manutención como troco por traballo de biconstrución antes o despois do curso. Consultar a organización.
¿Que é o Desenvolvemento Sostíbel?“É o que da satisfeito as necesidades presentes sen afectar a capacidade de futuras xeracións para dar satisfeito as súas propias necesidades” (Nacións Unidas, Comisión Bruntdland).
¿Que é a PermaCultura?¿Desenvolvemento ou Cultura?
Sostíbel = Permanente
PermaCultura = Cultura Permanente
A Axenda 21 local é a teoría, a PermaCultura é a práctica
O Deseño de PermaCultura é o conxunto de coñecementos, filosofías e técnicas (ancestrais e modernos), para chegaren a construir una Cultura Permanente.
Re-deseñamos a producción de alimentos, a vivenda, a tecnoloxía, o proceso de desenvolvemento comunitario, os sistemas legais e financieiros para conseguir os obxectivos do Desenvolvemento Sostíbel.
Programa13: Benvida14, 15 e 16: Coidar á xente - Principios e Directrices: Aprendizaxe Activa, Estructuras de Apoio, O Proceso Científico, Modelos e a Mente Humana, Patróns, o traballo de S. Covey e E. de Bono.
- Deseño da DestructoCultura: Globalización, Economía e 'Desenvolvemento', Leis da Natureza, Ishmael, Dinámica Espiral, Teoría de Gaia, Comercialización da Espiritualidade e 'Ecoloxía Profunda', Saúde.
- Sostibilidade ¿Que é?: Deseñar Procesos e Grupos Efectivos, Técnicas de Facilitación, Axenda Local 21, Pobos Orixinarios.
17, 18 e 19: Técnicas de deseño - Principios: Motivación do Deseño, Erros, Establecemento e Mantenemento de Sistemas, Aplicación de Principios.
- Técnicas de Observación e de Organizar Información: Seren Deseñador, Principios de Gremios, Zonas, Sectores.
- Técnicas de Deseño e Avaliación; Bosques Comestibles; Visionar, Deseños en Pequena e Gran Escala; Mapas.
20, 21 e 22: Coidar á terra - Solo: Topografía, Movementos de Terra, Desertización, Sucesión Natural, Saúde do solo, Cultivo Sinerxico, Ciclos Vitais (Oxíxeno, Carbono, Nitróxeno, Etileno etc.).
- Auga: o Ciclo Hidrolóxico, Conservación e Almacenamento, Reciclaxe de Augas, Acuicultura, Deseños Prácticos.
- Plantas e Animais: Bosques, Efectos Climáticos, Agroforestería, Granxas Sostibeis, Especies Autóctonas e Locais, Práctica da Conservación do Patrimonio Xenético, Importancia da Selva.
24, 25 e 26: Eco-tecnoloxía e Bioconstrución - Recursos: Xerarquía de Recursos, Residuos, Reciclaxe, Compost, Recursos Sociais, Innovación.
- Enerxía: Leis de Termodinámica, Enerxía Renovable, Tecnoloxía Apropiada, Solar, Enerxía en Materia e EMERGY.
- Bio-Construcción: Varios Tipos, Exemplos, Principios, EarthShips, Control de Temperatura, Lexislación.
27, 28 e 29: Eco-economía - Economía: Moeda Verde, Troco, Recursos Locais, Cooperativas, Sustento Xusto, Economías en Transición.
- Proxectos Sostibeis: Crear e Manexar Micro-Empresas, Proxectos Sociais, Financiación Ética e Sostíbel.
- Ecoaldeas: Comunidades, Redes Efectivas, Organización Biorexional, Nacións e Culturas, Sostibilidade Local e Global.
O programa adaptarase ás peculiaridades de Galicia e da Bio-rexión Galaico Portuguesa.
Descrición do lugarO lugar de As Chozas atópase a 25 Km. Da cidade de Pontevedra,no concello de A Lama. As Chozas é un proxecto de ecoaldea formado por 14 persoas.
Despois de moito buscar un lugar no que levar a cabo a nosa idea de vivir no rural de xeito sustentable dimos con esta pequena aldea onde adquirimos varias construccións en pedra e mais de dúas hectáreas de bosque autóctono,prados e horta. Actualmente o proxecto atópase en plena fase de construcción sendo un banco de probas de deseño permacultural así como de técnicas de bioconstrcción e outras técnicas sustentables.
Agora mesmo se dispón de unha casa practicamente rematada que servirá como aula e estamos acondicionando os servicios necesarios para aloxar ós participantes do curso; cociña, duchas…
Non dispomos aínda de lugar para aloxamento polo que se habilitará unha zona de acampada.
O concello de A Lama é un dos máis montañosos da provincia de Pontevedra. Se caracteriza sobre todo pola rede fluvial formada polos ríos Verduxo e Xestas que atravesan o territorio conformando os seus vales e formando bosques de ribeira salpicados con multitude de pozas.
Fonte: Chozas