Esta decisión do Goberno galego vai en contra da orde xudicial de peche das canteiras dictada en 2002.
¿É así como imos promover o Desenvolvemento Sustentable na nosa terra?
Despois de meses denunciando esta situación, precisamente a Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel foi constituida polos vecinos de Folgoso para reclamar á Xunta a declaración "urxente" da comarca como Parque Natural, máis parece que a Xunta fai precisamente ó contrario do que demanda a cidadanía de galicia. O obxectivo é liberar o territorio con maior biodiversidad de Galicia de "todo tipo de impactos e concesións como canteiras, parques eólicos, centrales hidroeléctricas ou vertedeiros de lixo"; pois basta que se diga para que se faga o contrario: O Consello da Xunta fai boa a Canteira ilegal da Campa e
á vez, na mesma tacada, o Parque Eólico Serra de Oribio situado nos concellos de Samos e Triacastela (Lugo), promovido por Fergo Galicia Vento, S.L.
E como todo é a mesma maraña de intereses comerciais podedes comprobar o lío que están montando pouco a pouco estas empresas que ó unico interese que teñen é roubarnos a terra e deixarnos sen patrimonio natural para os nosos fillos: O parque eólico e promovido por Fergo Galicia Vento, S.L. cos dereitos mineiros afectados: permiso de investigación nº 5675 San Gil, do que é titular a Sociedade Pizarras Vega, S.L., permiso de Investigación nº 5817 Oribio, do que é titular Abel Celeiro Fontal, e solicitude de concesión de explotación nº 5667 ampliación a Vetusta, do que é titular Pizarras del Oribio, S.L.
O BEN QUE SE LEVAN AGORA O VENTO E AS PEDRAS MISTURADOS CO PRESIDENTE DA XUNTA...!!!
URXE dar resposta a esta desfeita medioambiental dende a cidadanía galega...!
¿Onde están a UNIDADE DE ACCIÓN que pode LIBERAR GALICIA da especulación sen escrúpulos?
Aqui podedes descargar un formulario para recoller firmas ANTES DO 21 DE XULLO 2007
COMPRE MARCHAR POLO COUREL – ANCARES o día 25 de xullo e facer dese día un día de verdadeira liberación da Terra Galega… Os políticos deronnos as costas... pois que fiquen sós no Obradoiro!!!
Nas cumes do Courel podes respirar aínda un alba de gloria para Galicia!!!