Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Emigración 1960-2010

50 anos de presenza galega en Suíza

O vindeiro domingo 25 de xullo preséntase na Galería das Letras do Festigal, o libro Galiza en Suíza, Galicien und die Schweiz, La Galice en Suisse.

Redacción - 11:35 20/07/2010

Coa presenza do profesor Luís Manuel Calvo Salgado, da Universidade de Zürich, presentarase o domingo 25 de xullo ás 15.30 horas, na Galería das Letras do Festigal, o libro Galiza en Suíza, Galicien und die Schweiz, La Galice en Suisse. 50 anos de presenza galega na Suíza. 50 jahre galicische Präsenz in der Schweiz. 50 ans de présence galicienne en Suisse, con textos en galego, alemán e francés, editado polo Departamento de Migración da CIG, co apoio do Ministerio de Trabajo e Inmigración, Dirección General de la Ciudadanía Española en el Exterior do Estado español.

Galiza en Suíza, Galicien und die Schweiz, La Galice en Suisse recolle a emigración dos galegos desde a sinatura do tratado de inmigración entre o Estado español e a Confederación Helvética en 1960 até os nosos días. Coa colaboración de Luís Manuel Calvo Salgado, profesor de Historia da Universidade de Zürich, a lectora de alemán da Universidade de Santiago de Compostela Elisabeth Graf, a antropóloga social Marianne Helfer e Xurxo Martínez Crespo, de CIG-Migración A Coruña, este libro é o primeiro que de xeito global recolle esta historia migratoria con máis de 100 imaxes que abranguen desde a chegada dos primeiros emigrantes até o primeiro retorno na década de 1970.

Desde os programas de radio da colectividade en Suíza, pasando por entrevistas a galegos que participan no mundo sindical suízo e os galegos nados e criados no país helvético até chegar ao inicio dunha emigración que a día de hoxe aínda se fornece de pequenos fluxos migratorios e que aínda representa unha das comunidades galegas máis dinámicas e compactas da emigración.


4,64/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: