 
 
Segundo unha enquisa da UE, millóns de cidadáns do continente cren que a sociedade "confía de máis na ciencia e non dabondo na fe".
 
											Triscaidecafobia, medo ao '13'
No continente da Ilustración, internándonos no século XXI, millóns de cidadáns europeos permanecen condicionados pola crenzas supersticiosas, tales como os 'números máxicos' e outras andrómenas sen base científica ningunha. Así se desprende do Eurobarómetro publicado esta semana (.pdf/inglés) e da que se fai eco EuObserver. 
  Segundo este estudo anual sobre as actitudes públicas cara a ciencia e a tecnoloxía, que tomou de referencia máis de 30 mil habitantes dos 27 estados membros e de Croacia, Islandia, Noruega, Turquía e Suíza, dous de cada cinco europeos son supersticiosos. 
  Ademais, do total dos consultados, o 40% afirma acreditar en 'números máxicos'. Tan só pouco máis do 35% di que non, mentres que o resto van desde os que se sitúan nunha zona intermedia e os que non saben se certas cifras teñen ou non un efecto sobrenatural.   
  Aínda que hai unha certa tendencia a atopar máis persoas supersticiosas nos estados máis pobres, o certo é que o 43% dos daneses cren no poder das cifras, mentres que a porcentaxe é do 39% entre os búlgaros. 
  
Ciencia e "xuízo moral" 
A sondaxe tamén mostra que un 38% dos consultados considera que a sociedade "confían de máis na ciencia e non dabondo na fe", máis que o 34% que aprecia o contrario.   
  Seis de cada 10 europeos senten que a ciencia e a tecnoloxía poden danar o seu "xuízo moral". Só un 15% non concorda con esta apreciación. Alén disto, a metade pensa que a aplicación da ciencia e da tecnoloxía pode ameazar os dereitos humanos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto