 
 
Os nacionalistas "non apoiarán nunca rebaixas e retrocesos nos dereitos laborais dos traballadores", afirmou a deputada Olaia Fernández Davila.
 
											Davila e Jorquera, esta cuarta feira
A deputada do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, afirmou que  e que, polo tanto, a formación nacionalista votará en contra do Decreto da Reforma Laboral. 
  
O Consello de Ministros aprobouno esta cuarta feira e será sometido a debate e votación no Pleno da semana vindeira. Con todo, o BNG vai votar a prol de  tramitar o Decreto como proxecto de lei co fin de o poder mellorar e que "sexa o menos inxusto posíbel para os traballadores".  
  A deputada do BNG criticou o goberno español porque "optou pola liña política do PP e da patronal, aínda que a dereita non vaia apoiar estas reformas por rédito político, por intereses electorais e por cinismo".   
  
Para Davila, a reforma "afonda na que fixo Aznar no ano 1997. Van polo camiño das medidas que reivindica o PP", e explicou que "a pesar de teren anunciado diálogo con todos, non se dirixiron ao BNG para falar do Decreto, o cal é a demostración de que sucumbiron aos ditados da dereita".   
  
"Mentres o goberno de Zapatero continúe servindo ás ordes dos poderes financeiros, do FMI e da dereita europea con políticas de axuste dirixidas contra os dereitos sociais e laborais, o BNG non o apoiará", afirmou. 
  
Desde o BNG lamentan que o goberno español non adopte outras medidas para reducir o déficit, tal como a "diminución do gasto militar" e a "volta das tropas de Afganistán". Ademais, consideran que a reforma é un "retroceso" xa que "abarata o despedimento". 
  
"Desvinculación da negociación colectiva" 
Entre outras das "graves medidas" que se adoptan co Decreto, Davila salientou que "facilita ás empresas a desvinculación da negociación colectiva". "Unha medida preocupante porque incide na desregulamentación das relacións laborais", dixo.   
  
Esta situación -apuntou- "vai deixar moitos traballadores e traballadoras nunha situación de desprotección. Lamentamos que o Goberno opte por lexitimar actuacións empresariais abusivas". Por último, Davila explicou que na actualidade xa se producen moitos abusos, "mais até o de agora podíase denunciar; coas novas normas do goberno os traballadores ficarán desamparados".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto