O proxecto no que participan actores, músicos e escritores, recorda entre outros o caso do alcalde de Castro de Rei asasinado en 1936.
"Chámome Severiano Rivas, son o alcalde republicano da miña aldea. Detéñenme en agosto de 1936 mentres estou tomando un café. Permanezo detido dous meses. Despois péganme un tiro e abandonan o meu corpo no contorno do cemiterio. Non tiven avogado, nin xuízo, nin sentenza. O meu fillo segue agardando xustiza. Ata cando?"
A memoria do asasinado Severiano Rivas, alcalde de Castro de Rei en 1936, é unha das recuperadas no proxecto Contra a Impunidade. O músico Miguel Ríos é o encargado de poñerlle voz ao seu caso, nunha iniciativa impulsada desde a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e na que colaboran quince artistas. Ademáis do mencionado cantante, lembran as historias dos asasinados polo franquismo Pedro Almodovar, Maribel Verdú, Javier Bardem, Almudena Grandes, Juan Diego Botto, María Galiana, Carmen Machi, Juan José Millás, Aitana Sánchez-Gijón, Paco León, Pilar Bardem, José Manuel Seda, Hugo Silva, e Juan Diego.