 
O obxectivo é potenciar a aprendizaxe do noso idioma mediante fórmulas didácticas innovadoras e oriéntase á preparación do Celga 1.
 
											Anxo Lorenzo, na presentación da plataforma
No mesmo día no que se enviou os cuestionarios sobre a lingua aos centros educativos para que os pais decidan sobre a lingua vehicular do ensino dos seus fillos, Política Lingüística presentou un “ambicioso sistema de formación en liña” para potenciar o aprendizaxe do galego entre a poboación adulta.
Esta plataforma oriéntase á preparación das probas de certificación da lingua galega e pretende, nas palabras de Anxo Lorenzo, “darlle facilidades ao amplo sector da poboación adulta que desexa adquirir ou mellorar a súa competencia en galego” ao tempo que se “aposta polas novas tecnoloxías da información e da comunicación para os medios informativos”.
En concreto, o curso será preparatorio para os exames do Celga 1 e Política Lingüística subliña que é “voluntario e gratuíto”. O prazo de inscrición estará aberto até o vindeiro 15 de xullo. Composto por 10 unidades, está deseñado como unha ferramenta de traballo á disposición do usuario, para “facilitar a súa aprendizaxe e permitir a súa autonomía”. Unha vez que accede á unidade, o usuario pode avanzar atendendo ás súas propias necesidades.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto