A organización a prol dunha rede privada de ensino na lingua propia do país mantivo esta semana reunións co AS-PG, STEG, CIG-Ensino e Nova Escola
A Comisión de Galiza co Galego, organización a prol dunha rede privada de ensino na lingua propia do país, reuniuse a principios desta semana coa Asociación Socio-Pedagóxica (ASPG) e co STEG, e a quinta e sexta feiras coa CIG-Ensino e Nova Escola Galega, co fin de "apoiar o obxectivo común de fomentar o ensino infantil en galego".
Desde Galiza co Galego estanse a impulsar unha novas galescolas que permitan o inicio da rede popular de ensino en galego. Nas xuntanzas os representantes da Comisión trasladaron "os desexos e compromisos dos seus mais de 1765 apoios de realizar unha achega económica de 100 ou 200 euros para facer efectivo o ensino en galego, en especial na súa etapa infantil".
A vindeira semana teñen previsto reunírense tamén coas direccións dos sindicatos UXT e CC.OO, e este sábado organizan un acto público en Ferrol. Será ás 19.00 horas no local do Ateneo Ferrolán, e explicarase o traballo desenvolvido en mais dun ano desde a asociación, que procura "robustecer o proxecto dun ensino laico, popular, pluralista, democrático en galego".