 
Unha marcha organizada para conmemorar o 30 aniversario d'O imperio contraataca sorprendeu os visitantes da cidade.
 
											Tal e como estaba previsto, un grupo de persoas disfrazadas de personaxes da saga cinematográfica Star Wars percorreron nunha multitudinaria marcha a pé parte da zona vella de Compostela. A comitiva iniciouse na praza de Mazarelos co obxectivo de acadar a praza do Obradoiro.
Entre os sorprendidos turistas que ateigaban na calorosa tarde do venres a cidade, esta xuntanza 'galáctica' non pasou desapercibida para ninguén, principalmente para os medios de comunicación audiovisuais que acudiron a cubrir o evento. O acto coincidiu co 30 aniversario da estrea d'O imperio contraataca, segundo filme da saga de George Lucas.
 
						
									 
						
									 
						
									 
						
					 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto