Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEREITOS CIVÍS

Dende esta semana, o matrimonio gai é unha realidade en Portugal

O presidente da República, o conservador Cavaco Silva, promulgou a lei aprobada polo Parlamento en febreiro a pesar de estar en contra.

Redacción - 11:58 18/05/2010

Dende esta semana, os homosexuais portugueses teñen recoñecido o dereito a casar. Logo de anos de loita contra esta discriminación, este luns á noite, o presidente portugués, Aníbal Cavaco Silva, fixo de tripas corazón e aprobou unha lei coa que non está dacordo pero que foi aprobada pola maioría dos parlamentarios o pasado mes de febreiro. O conservador Cavaco Silva decidiu non vetar a reforma legal xa que, segundo explicou, o Parlamento (onde se aliaron as forzas de esquerda) volvería a aprobala. Cavaco chegou a afirmar que decide non obstaculizar a medida debido á forte crise que vive Portugal e que non recomenda “alongar o debate e desviar a atención”.

A nova lei recoñécelle ás parellas gais os mesmos dereitos cás heterosexuais agás nun importante aspecto: a posibilidade de adoptar crianzas. O debate sobre o matrimonio homosexual produciu un forte enfrontamento dialéctico nos últimos tres anos entre as forzas máis progresistas e os sectores políticos máis conservadores (incluidas instititucións como a Igrexa, que fixo campaña en contra)


4/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: