 
 
O presidente da Xunta reclama do goberno español que os recortes non lle afecten ás infraestruturas comprometidas no chamado Pacto do Obradoiro.
 
											A tres recortes aludiu este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. O primeiro, "ter que pagar 2 mil millóns de euros que o bipartito gastou e non pagou". O segundo, "ter que pagar 218 millóns de euros que o goberno central acaba unilateralmente de recortar" do sistema de financiamento pactado. O terceiro, e en referencia á comparecencia esta cuarta feira do presidente do goberno español no Congreso: "O que o goberno socialista vai facer nas políticas sociais para todos os galegos e para todos os españois". 
  
  "Galiza non pode pagar o déficit público alarmante do goberno socialista", teimou Núñez Feijoo. "Vostedes están no 11 por cento de déficit público no ano 2009; nós, no 1 por cento; vostedes levan o primeiro trimestre do ano 2010 con máis de 15 puntos de déficit público; nós seguimos no 1 por cento", retrucou en resposta ás interpelacións do voceiro do grupo socialista, Pachi Vázquez.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto