 
 
Para a portavoz dos socialistas galegos no Congreso trátase de medidas "excepcionais" e "equitativas" que "reparten con xustiza o necesario esforzo colectivo".
"Son medidas excepcionais e equitativas que reparten con xustiza o necesario esforzo colectivo e que non supoñen recortes sociais", expuxo este mércores a coordinadora do grupo de deputados galegos do PSdeG no Congreso, Margarita P.Herraiz. Na súa opinión trátase dun "axuste de urxencia" que "mantén o compromiso do goberno socialistas de Zapatero co gasto social".   
  
  Ao fío dos anunciados recortes e conxelacións para funcionariado e pensionistas, a deputada galega argumentou que durante a actual etapa do PSOE no goberno español estes dous sectores "recuperaron e superaron o poder adquisitivo que perderan cos gobernos do PP". "Agora é necesario realizar axustes aos contribuirán especialmente aqueles que teñen os salarios máis altos", xustificou.   
  
  Por outro lado, Herraiz acusou o PP de falta de compromiso na loita co déficit público "a cuxa redución debemos contribuír todos". "Mentres o PP reclama ao goberno central medidas de austeridade, nas comunidades autónomas nas que goberna permiten que se dispare o déficit público", avaliou. Segundo Herraiz, moitas das propostas suxeridas polo PP no debate desta cuarta feira na Cámara baixa "levarían a un déficit aínda maior".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto