Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN GALIZA

Búscanse enterradores

O Catálogo de Ocupacións de Difícil Cobertura reflicte as dificultades para atopar, por exemplo, un empregado de servizos funerarios.

Redacción - 19:10 12/04/2010

Malia o incremento mensual do número de desempregados, Galiza conta con vacantes laborais que, aparentemente, non atopan traballadores. Así se desprende do último Catálogo de Ocupacións de Difícil Cobertura (CODC) do segundo trimestre de 2010 e que este luns se publica no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Segundo este informe en Galiza farían falta empregados de servizos funerarios en xeral e monitores de aeróbic e similares (na Coruña); educadores de menores (en Lugo), terapeutas ocupacionais (Lugo e Ourense); e coordinadores e tempo libre (en Ourense). Ao parecer, en Pontevedra non habería ningunha vacante laboral de difícil cobertura.

Esta estatística está elaborada polo Servizo Público de Emprego Estatal (antigo Inem) coa información que ofrecen as comunidades autónomas. Permite aos empresarios contratar en orixe a traballadores estranxeiros, sempre que non existan demandantes dese emprego no Estado Español. Se a ocupación aparece no listado, un estranxeiro poderá solicitar a autorización de residencia e traballo sen necesidade de presentar unha oferta de traballo ante os servizos públicos de emprego.

Asemade, en virtude dun acordo cos axentes sociais, deportista profesional e adestrador deportivo aparecen en todas as provincias como ocupacións de difícil cobertura. Tamén no sector da mariña mercante aparecen como postos complicados de cubrir varias profesións relacionados co traballo marítimo, como o de maquinista naval ou a de piloto de buque mercante.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: