 
 
Entre maio de 2009 e xaneiro de 2010, unha de cada tres mulleres atendidas en Rabat e Casablanca recoñeceu que fóra vítima dun ou máis ataques.
Violencia Sexual e Inmigración: A realidade oculta das mulleres subsaharianas atrapadas en Marrocos de camiño a Europa é o título do informe publicado por Médicos sen Fronteiras (MSF) para alertar dunha situación que, consideran, compete ao país alauí e á UE atallar. 
  "Consideramos que é realmente alarmante que entre maio de 2009 e xaneiro de 2010 unha de cada tres mulleres atendidas por MSF en Casablanca e Rabat recoñeceran ser vítimas dun ou máis episodios de violencia sexual", afirman. 
  
Forzadas en moitas ocasións a fuxir da violencia xeneralizada, de matrimonios forzados ou da violencia doméstica, estas mulleres enfróntanse a novos ataques e abusos sexuais dos que poucas se atreven a falar.   
  
Reposta integral 
Non só o goberno de Marrocos, senón tamén os países da UE "deben ser conscientes das graves consecuencias que teñen as políticas de migración e asilo, cada vez máis restritivas, sobre a saúde dos emigrantes e en particular sobre aqueles máis vulnerábeis, como é o caso das mulleres e nenas", declarou Alfonso Verdú, responsábel de MSF en Marrocos. 
  
Das 63 pacientes que esta ONG utilizou para a elaboración do informe, destacan, máis do 21% eran menores de idade. "Cómpre dar unha resposta integral que inclúa aspectos sociais, médicos, psicolóxicos e legais a esta terrible situación", reclamou Verdú.
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto