 
 
O europarlamentario escocés e presidente do SNP, Ian Hudghton, agradece o recoñecemento "ao máis alto nivel".
 
											Nikiforos Diamandouros
O recentemente reelixido como Valedor do Pobo da UE, o grego Nikifouros Diamandouros, recoñeceu nunha entrevista publicada esta quinta feira no Scotsman que Escocia está "infra-representada" en Europa. 
  
Os comentarios foron moi ben recibidos no seo do SNP. O seu presidente e europarlamentario escocés, Ian Hudghton, destacou a importancia do recoñecemento "ao máis alto nivel" da necesidade de que o goberno escocés participe de seu nos foros de decisión da UE. 
  "O feito de que unha figura independente chegue a está conclusión lóxica é moi significativo. Nos últimos anos, a influencia de Escocia foi medrando, especialmente desde que o SNP entrou no goberno en 2007", afirmou o nacionalista. 
  
O recoñecemento pleno, a través da independencia 
"Porén -lamentou Hudghton- aínda conta con menos representantes no Parlamento Europeo que outros países de tamaño similar, non ten dereito a enviar os seus ministros ás xuntanzas da UE onde se toman importantes decisións, e tampouco ten dereito a voto no Consello de Ministros".
Neste senso, aínda que se manifestou contento polo recoñecemento, engadiu que este só será pleno a través da independencia de Escocia, sen deixar de ser un membro de pleno dereito da Unión Europea.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto