"Unha opción persoal que hai que respectar", afirma o voceiro do grupo parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas.
"Á marxe das diferenzas políticas, Emilio Pérez Touriño foi presidente da Xunta e como tal merece todos os respectos, ao igual que como membro desta Cámara durante estes anos", expresou o voceiro do PPdeG no Parlamento. Manuel Ruíz Rivas,
Ruíz Rivas comentou que a decisión de Touriño é "unha opción persoal que hai que respectar" e ante a que o único que corresponde é "agradecerlle os servizos prestados a Galiza". Doutra banda, Rivas deséxalle persoalmente a Touriño "o mellor no seu futuro". Nese sentido, afirmou que a súa integración no Consello Consultivo de Galicia "será unha boa oportunidade para que achegue as súas ideas e a súa experiencia persoal e de goberno para beneficio de todos os galegos".