 
Entra en vigor a norma que obriga a publicar as fichas de actos extraparlamentarios dos parlamentarios nas cortes españolas.
 
											Ficha do senador Manuel Fraga
Coa chegada do mes de marzo, as webs do Congreso dos Deputados e do Senado pasan a incluír, por lei, unha declaración de cada un dos parlamentarios que especifica os intereses e actividades que practican á marxe dese cargo e polas que perciben, ou non, ingresos. 
  Aínda que esa información se comezou a publicar en decembro, este luns rematou o prazo que tiñan os representantes públicos para actualizar eses datos. Até agora, o acceso a esas declaracións estaba moi restrinxido e en ningún caso era posíbel a través da web. A reforma do regulamento parlamentario, que tivo lugar en outubro, permitiu levantar o segredo sobre a actividade extraparlamentaria das súas señorías. 
  A ficha de cada deputada ou deputado e senadora ou senador vai acompañada dun documento en formato PDF que especifica que actividades están autorizados a realizar por parte da cámara e dende que data. 
  Malia todo, nesas declaracións non se especifican as cantidades percibidas e, polo xeral, aluden a asuntos moi xerais, como se o parlamentario ostenta algún outro cargo público, se dá conferencias ou colabora en programas de radio ou televisión sen percibir remuneración. 
  
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto