 
 
Ibon Gogeascoechea Arronategui e outras dúas persoas foron apresadas este domingo pola mañá na Baixa Normandía, en Francia.
 
											Ibon Gogeascoechea
Na mañá deste domingo procedeuse á detención de tres supostos membros de ETA, entre estes o considerado máximo dirixente Ibon Gogeascoechea Arronategui, xunto a Beñat Aguinagalde Ugartemendia e Gregorio Jiménez Morales na pequena localidade francesa de Cahan, ao sur de Caen, na Baixa Normandía, segundo informou o Ministerio español do Interior. 
  Gogeascoechea permanecía fuxido desde novembro de 1997. É integrante do chamado K-KATTU que intentou un atentado contra o Museo Guggenheim de Bilbo cando se preparaba para a inauguración polos reis españois, e matou un membro da Ertzaintza.   
Aguinagalde, fuxido desde o pasado mes de marzo, é integrante do chamado K-ASTI e suposto autor dos asasinatos de Isaias Carrasco e Ignacio Uria. E Jiménez, fuxido hai cinco anos, supostamente formaba parte dun comando encargado de traslado de material, en concreto dos mísiles para atentar contra o ex presidente do goberno español Jose María Aznar.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto