 
 
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional sitúase ademais entre as cinco primeiras especializadas en política mundial.
 
											A enquisa elaborada por segundo ano consecutivo pola empresa Iberglobal, portal dedicado á internacionalización empresarial, sitúa o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) entre os 10 think tanks "máis importantes e influíntes" do Estado, concretamente no posto noveno, tres máis arriba con respecto a 2009. 
  A lista, da que quedaron fóra unha trintena de organismos similares, está composta por 17 centros de investigación que -ao igual ca o ano pasado- lidera o Real Instituto Elcano.
  
En segundo, lugar aparece a Fundación para a Análise e os Estudos Sociais (FAES, grupo vinculado ao PP); e en terceiro, o Grupo de Estudos Estratéxicos (GEES, tamén ligado á dereita española). Cómpre salientar que estes dous lobbies rexistraron unha suba moi pronunciada con respecto a 2009. 
  
Proxección exterior de Galiza 
Un total de 1.100 persoas emitiron o seu voto nesta edición, que contou coa participación de novos entes de investigación como a Casa África, a Casa América, o Institución Futuro e a Fundación Rafael del Pino. 
  
O Igadi, que dirixe Xulio Ríos e ten sede en Baiona, consolídase ademais entre as cinco primeiras entidades de investigación a nivel estatal especializadas en política internacional, pondo especial acento na proxección exterior de Galiza.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto