Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DATOS XANEIRO

O paro segue subindo en Galiza a maior ritmo que no Estado

O número de persoas que se anotaron nas oficinas de desemprego no último mes ascendeu ate 8.789, un 3,9% máis.

Redacción - 10:00 02/02/2010

Cada día do primeiro mes deste ano, un total de 283 galegos quedaron sen traballo. Así o revelan as estatísticas ofrecidas polo Ministerio de Traballo, que apuntan a un total de 8.789 persoas foron anotarse en xaneiro ás oficinas de busca de emprego. En porcentaxes, o desemprego medrou un 3,9 % neste último mes.

O ritmo de crecemento do paro en Galiza segue sendo, como nos últimos meses, superior ao do conxunto do Estado Español. Neste caso, o desemprego medrou en 124.890 persoas respecto a decembro, é dicir, o 3,1%, o que situou o número total de parados en 4.048.493 persoas, a maior cifra dende que existen datos comparábeis (dende 1996).

Podes ler en Vieiros os datos dos últimos meses:


Ligazóns

3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: