 
Este luns desenvolveuse a cuarta sesión, logo do receso estabelecido o pasado mes de decembro, coas declaracións das testemuñas.
 
											Os cinco acusados, este luns
A Audiencia Nacional concluirá esta semana o xuízo contra cinco directivos do diario Euskaldunon Egunkaria -Iñaki Uria, Martxelo Otamendi, Joan Mari Torrealdai, Txema Auzmendi e Xabier Oleaga- para os que a acusación popular representada polas asociacións Dignidad y Justicia e AVT piden penas de entre 12 e 15 anos de prisión por "integración en organización terrorista". A Fiscalía do Estado -que recoñeceu que non había probas de abondo- abstívose de presentar cargos. 
  Este luns desenvolveuse a cuarta sesión, logo do receso estabelecido en decembro, coas declaracións das testemuñas. O primeiro en declarar foi o catedrático da Universidade do País Vasco e accionista do diario José Ignacio Zabaleta.   
  
"O PSE facilitou a participación do Goberno vasco" 
O profesor universitario asegurou que foi o PSE que "rompeu o xeo" e conseguiu un acordo para que o Goberno vasco incorporase un representante no consello de administración do xornal. Ademais, insistiu en que ETA "nin influíu nin puido participar, nin participou nin llo permitimos". 
  
Tamén compareceu o membro de ETA José Domingo Aizpurua Pitxas, que negou coñecer uns documentos incautados logo da súa detención no Estado francés en 1991 titulados Egunkaria Urriak 26 e 10-4 Azaroak 12, onde segundo a acusación popular se mencionaban a problemática de atopar un director para o xornal.
  "En éuscaro e plural" 
O xesuíta José Luís Zincunegi, foi superior de Auzmendi mentres este traballaba en Radio Herri Irratia, declarou que o acusado lle falara do proxecto Egunkaria e que o convenceran dúas cousas: que ía estar escrito en éuscaro e que iría destinado a todo o público e non a un sector determinado da poboación.
O xuízo renovarase o vindeiro mércores despois de que o presidente da Sala, Javier Gómez Bermúdez, suspendese a sesión polo falecemento da nai dun do letrados e quedará visto para sentenza nos próximos días.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto