O Concello non ten constancia dos feitos, que se produciron nun elemento patrimonial situado na parroquia de Soandres.
Un blog larachés informa da destrución dun sartego catalogado por Patrimonio. O elemento protexido, situado no Priorato e que conta con inscricións en latín, quedou partido pola metade, como se pode comprobar na fotografía publicada n'O cortello da Laracha.
A persoa autora da bitácora culpa o párroco de Soandres e os políticos locais dos feitos, por non protexer e coidar do patrimonio como están obrigados legalmente. No concello da Laracha negaron ter noticia sobre a agresión sufrida polo sartego.