 
 
Dos 700 mil votantes potenciais este domingo en Cataluña 125 mil non teñen "cidadanía española". Poderán exercer por vez primeira o dereito a voto.
 
											Serán arredor de 700 mil cidadáns en 170 poboacións os chamados a votar o próximo domingo 13 de decembro en Cataluña no referendo sobre a independencia. Un total de 20 mil voluntarios atenderán 500 mesas electorais repartidas en todo o país.   
  
  Ao fío recomendámoslles o seguimento especial que está a facer o xornal dixital Vilaweb, que este mércores repara especialmente nos 125 mil cidadáns dos concellos onde se realizará a consulta que non teñen "cidadanía española" pero que aparecen nos padróns municipais e que de xeito inédito serán convocados ás urnas. O informativo especial de Vilaweb TV ofrece as reflexións dalgún deles.   
  
  Doutra banda, contámoslles que alén da consulta deste domingo, que maioritariamente terá lugar en pequenos e medianos municipios, os promotores deseñan próximas convocatorias, a principal e máis ambiciosa na capital catalá. Así, a plataforma "Barcelona decide" organizará  un referendo nesta cidade en 2010. Segundo avanzan, a votación podería facerse no mes de abril.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto