 
 
A iniciativa da dereita foi aprobada inesperadamente polo 57,7% dos votantes e por 26 dos 30 cantóns da confederación.
 
											Catro mesquitas suízas teñen minaretes
O Goberno suízo mostrou a súa "conmoción" polo apoio popular logrado este domingo por unha iniciativa da extrema dereita para prohibir a construción de minaretes nas mesquitas do país e que, de forma inesperada, foi aprobada polo 57,7% dos votantes e por 26 dos 30 cantóns da confederación (dobre maioría, tal e como exixe a lei).
"Estou conmocionada, laméntoo profundamente. Creo que este resultado é un sinal de alarma, un sentimento de repregamento, de autodefensa que tiveron os cidadáns nun contexto de mundo globalizado, e cunha crise económica", afirmou a ministra de Exteriores , Micheline Calmy-Rey.  
Calmy-Rei admitiu que o significado da votación está claro: "Quedará prohibida a construción de mesquitas con minaretes e as catro que xa os teñen seguirán aí. Poderanse construír novas mesquitas mais sen eles, e os musulmáns poderán seguir rezando os venres". 
  A decisión dos suízos implica unha modificación do artigo 72 da Constitución suíza que regulamenta as relacións entre o Estado e as relixións.   
  
A prohibición de construír minaretes figurará como unha medida que procura "manter a paz entre os membros das diversas comunidades relixiosas", segundo a  ultraconservadora Unión Democrática Federal (EDU-UDF, nas siglas en alemán e en francés). 
  
A UDF xa provocara unha forte polémica debido ao cartaz electoral a prol da prohibición, prohibido en diversos cantóns, onde se representaba unha muller musulmá vestida cun chador e rodeada por sete minaretes que semellaban mísiles sobre a bandeira de Suíza. 
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto