A Feira do Libro de Guadalaxara (FIL), considerada como o certame literario máis importante do continente americano, contará coa presenza dun total de 24 editoriais galegas. Reunidas na Asociación Galega de Editores (AGE), participarán xunto con outras entidades de 40 países diferentes do mundo.
Este ano, os editores viaxan dentro dunha misión comercial organizada pola Cámara do Comercio da Coruña, que conta co apoio do Ministerio de Cultura. En concreto, a cita cultural que acollerá aos representantes galegos organízase baixo o nome de “Semana da Edición Galega na Feira do Libro de Guadalaxara” e iniciouse este sábado para rematar o vindeiro 6 de decembro.
Nesta XXIII edición, reuniranse autores, axentes literarios, bibliotecarios, libreiros e máis de 1.600 casas editoriais. Ao tempo, máis de medio millón de visitantes terán a ocasión de somerxérense no escaparate da mellor produción literaria e artística do mundo.
A representación galega está conformada por: Editorial Ideas Propias, Nova Galicia Edicións, Galaxia, Xerais, Baía, Rodeira Edicións, Ir Indo, Edicións Obradoiro, Edicións Espiral Maior, Kalandraka, Faktoría K, OQO Editora, EdiciónsTambre, Biblos Clube de Lectura, Edicións do Cumio, Alvarellos Editora e 3C3. Ademais, na delegación galega tamén estarán presentes os ilustradores Kiko da Silva e Carlos Portero; ou os escritores Manuel Rivas, Alfredo Conde ou Fina Casalderrey.