Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AO DESCUBERTO

A vida secreta dos océanos

Científicos que elaboran o Censo da Vida Mariña catalogan 17.600 especies que viven nas profundidades, lonxe da luz solar.

Redacción - 12:15 23/11/2009
No estudo figuran corais de todas as cores posíbeis

No estudo figuran corais de todas as cores posíbeis

As profundidades dos océanos ofrecen maior abundancia e maior diversidade de especies da que se pensaba. Así o revela o último informe do Censo da Vida Mariña (CML, das siglas en ingles Census of Marine Life), un proxecto no que traballan 344 científicos procedentes de 34 países diferentes e que pretende catalogar toda forma de vida mariña. Segundo as súas observacións, baixo a auga salgada, alí a onde non chega a luz solar, viven 17.650 especies de animais do máis variado, dende cangrexos a pequenos vermes ou gambas.

Malia que a fotosíntese xa non é posíbel, a falta de luz como fonte de enerxía non é un inconveniente para a vida baixo o mar. Dende os 1.000 metros e até o fondo mariño, por exemplo, os científicos atoparon unha variedade sorprendente, dunhas 5.700 especies. Datos coma este formarán parte do informe final que darán a coñecer o vindeiro mes de outubro, logo de nove anos de traballo.

Respirando metano
A adaptación é a clave para comprender a supervivencia de todas estas especies en profundidade. Os animais explotan un recursos moi escasos e a variedade reflicte as diferentes formas de asimilar as dificultades, segundo adiantan os expertos. A fotosíntese non é posíbel a esas profundidades pola ausencia de luz, así que un gran número de especies adaptáronse a sobrevivir a partir do metano ou mesmo do aceite.

Á espera da publicación definitiva do informe, no seu portal de internet ofrécennos un amplo abano das especies catalogadas até o de agora. Inclúe medusas luminosas ou outras criaturas xelatinosas que os científicos cualificaron como "octópodos dumbos", porque se impulsan grazas ás súas aletas, que parecen orellas. Tamén podemos ver un "cogombro de mar transparente" ou corais das máis diversas cores.


Ligazóns

2/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O "cogombro de mar transparente" foi localizado no Golfo de México a 2.750 metros de profundidade
O "cogombro de mar transparente" foi localizado no Golfo de México a 2.750 metros de profundidade
O "Octópodo dumbo" é unha extraña medusa con aletas
O "Octópodo dumbo" é unha extraña medusa con aletas
Outra especie catalogada é o "pargo de raias azuis"
Outra especie catalogada é o "pargo de raias azuis"