 
 
O sindicato denuncia que os novos propietarios pretenden levar a produción ao país asiático. Os operarios manifestáronse este luns.
CC.OO denunciou este luns que os novos propietarios da empresa téxtil Toypes, Gutsen & Vergelsa, proxecta trasladar á China a produción desta factoría, fundada en 1983 en Lalín (Deza), para o deseño e confección de moda feminina. 
  "Temémonos que aquí o único que importa é a marca, e o que se persegue é o peche da empresa para levar a produción a China" sinalou o seu secretario comarcal, Xosé Luís García Pedrosa, informa Europa Press.   
  
CC.OO considera que é un caso claro de "deslocalización" dunha empresa, que suporía o peche da fábrica de Lalín e o despedimento dos seus 63 empregados. Precisamente, este mesmo luns, os traballadores afectados polo ERE temporal manifestáronse para reclamar o pagamento das nóminas pendentes. 
  
No entanto, fontes da empresa consultadas por este xornal negan que isto sexa así, e recoñecen que "non quedará a totalidade do persoal laboral", tal e como se lles comunicou aos sindicatos cando se negociou o plan de pagamento dos salarios atrasados. Estes, afirman, comezaranse a pagar a partir do 27 de novembro.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto