Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AUTODETERMINACIÓN

O referendo sobre a independencia de Escocia complícase ao se negaren os liberais a apoialo

Alex Salmond ten que buscar agora alianzas con outros partidos para que se poida celebrar a consulta popular.

Redacción - 13:23 01/11/2009

Ao Scottish National Party (SNP)comezan a saírlle as primeiras pedras no camiño. Nas últimas horas, o partido liberal demócrata escocés (Scotish Liberal Democrats) anunciou publicamente que non van apoiar a celebración dun referendo autodeterminista, tal e como lles pedira o primeiro ministro, Alex Salmond. A pesar dos esfozos do líder do SNP, finalmente os liberais non deron o brazo a torcer.

A proposta de Salmond consiste nunha consulta popular onde o escoceses opten entre tres opcións: independizarse do Reino Unido, aumentar a autonomía con respecto a Londres ou manter o actual status. O líder liberal Tavish Scott subliñou que “os liberaldemócratas imos estar no debate sobre o futuro constitucional de Escocia, pero nos nosos termos”.

Agora Salmond ten que reconsiderar a súa estratexia para buscar o apoio doutras forzas que estean a prol da consulta. O SNP quere que o 30 de novembro (festa nacional) do ano que vén sexa o día da votación.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: