Nacida no seo dunha familia influinte, foi a primeira muller do Estado que presidiu un banco: o Pastor.
Carmela Arias
O nome de Carmela Arias y Díaz de Rábago estaba a asociado a dúas empresas claves na historia económica actual de Galiza e especialmente da Coruña: Banco Pastor e Fenosa. O seu pasamento produciuse este mesmo martes na cidade herculina.
Nada en 1920, no so dunha familia coruñesa influinte e moi ben posicionada economicamente, estudou o bacharelato nun colexio relixioso de Barcelona, a onde seu pai (economista) foi por razóns de traballo. Aínda que a súa paixón era estudar Arquitectura, unha grave doenza apártaa desta arela.
Con xa 46 anos contrae matrimonio cun curmán de seu pai, que non é outro que o magnate coruñés Pedro Barrié de la Maza y Pastor. Cinco anos despois, en 1971, queda viúva e pasa a converterse na presidenta do Banco Pastor, da Fundación Barrié de la Maza e nunha voz decisiva na poderosa eléctrica Fenosa.
En 2001, alegando razóns de idade, decide afastarse da presidencia do Banco Pastor e deixar a un seu sobriño, Xosé María Arias Mosquera, como máximo dirixente da entidade financeira.