 
 
A consellaría dirixida por Javier Guerra optará por desenvolver unha nova lei conforme aos "preceptos legais" e sen "participación pública".
A Consellaría de Economía e Industria considera que a decisión do TSXG de suspender a execución do concurso eólico "vén confirmar a súa postura" en canto á "ilegalidade da tramitación" desenvolvida durante o goberno bipartito.
Segundo explica nunha nota de prensa, o plan eólico do departamento que dirixiu Fernando Blanco "xa no seu día foi denunciado por numerosos sectores da sociedade galega". A resolución xudicial, deste xeito, "ampara aínda máìs se cabe" a decisión da consellaría de paralizar a tramitación do concurso, "hoxe deixado sen efecto polos tribunais". Considera "aínda máis rotundo" o feito de que o TSXG non lle exixa fianzas á parte demandante.
A Xunta está a tramitar a redacción dunha nova lei eólica que se "adecúe aos preceptos legais" e que estabelecerá, como xa se anunciara, un canon, para que as novas instalacións "redunden nun beneficio directo para a sociedade galega, protexa o medio ambiente e garanta a seguridade xurídica do sector". Así mesmo, o modelo da consellaría de Javier Guerra estabelece o rexeitamento a "calquera tipo de participación pública". O fondo de compensación constituído polo canon terá como finalidade "compatibilizar o desenvolvemento eólico con actuacións de compensación do contorno". 
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto