 
 
O presidente da Xunta considera que a decisión xudicial confirma que o documento incorre en "vicios de legalidade infranqueábeis".
 
											Feijoo asegura que esta decisión xudicial ampara a derrogación do decreto eólico do bipartito
Alberto Núñez Feijoo valorou positivamente o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) e afirmou que o Goberno acatará a suspensión do decreto eólico. O presidente da Xunta felicitouse pola resolución xudicial e subliñou que o executivo xa se adiantara a esta decisión o pasado mes de agosto, porque "os informes da Asesoría Xurídica eran coincidentes cos fundamentos do auto".
Así, entende que esta decisión "confirma que o decreto do bipartito incorre en vicios de legalidade infranqueábeis" e destaca que permitirá "clarificar, tranquilizar e impulsar" o Goberno actual para "abordar un novo concurso con seguridade xurídica e que dote de viabilidade económico a esta oportunidade administrativa que ten Galiza".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto