 
 
A CIG-Ensino esixe manter os prezos do curso anterior, pagar unicamente polos días que se utilice e liberar o profesorado de todo o traballo administrativo que leva consigo o servizo de comedor.
"Cando a inflación baixa e a administración galega só fala de austeridade, a consellaría sobe os prezos dun servizo público nun 15,38%", láianse desde a CIG-Ensino ao respecto das taxas estabelecidas por Educación para os comedores escolares. De xeito concreto, os usuarios que pagan polo servizo pasarán de abonar 2,60 euros/día a 3,00 euros/día se non teñen redución no prezo e de 1,30 euros/día a 1,50euros/día no caso de teren unha subvención do 50%.   
  
  Ademais, advirte o sindicato da obriga fixada de que as familias paguen o servizo por adiantado, nos cinco últimos días do mes anterior. "É dicir, os pais deben adiviñar cantos días do mes seguinte utilizarán o comedor escolar os seus fillos", ironizan. Até o de agora o sistema permitía que as familias ingresasen o importe correspondente na conta corrente específica do comedor escolar unha vez rematado o mes e exclusivamente polos días que os alumnos realmente tivesen utilizado o servizo. "Este sistema viña funcionando con absoluta normalidade e era totalmente aceptado pola comunidade educativa", subliña a CIG. 
  
  Xa que logo, os equipos directivos que consultaron o cambio recibiron respostas dispares inicialmente, mais finalmente, os usuarios están pagando por todo o mes escolar e "sen que en ningures se estabeleza un mecanismo para a devolución dos cartos por servizos non prestados".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto