 
SOS Groba organiza un paseo para descubrir o patrimonio natural e etnográfico, ameazado por un parque eólico.
 
											Unha das anteriores camiñadas pola Groba / SOS Groba
SOS Groba organiza para este venres, 18 de setembro, unha acción reivindicativa na defensa da Serra da Groba. Será un paseo didáctico e lúdico polos lugares máis senlleiros da zona, ameazados pola instalación dun parque eólico.
A marcha comezará ás oito do serán, polo que recomendan acudir con lanternas e roupa de abrigo. O punto de encontro será na praia de Santa Marta, en Baiona, para logo subir en coches até o Montouto, dende onde se verá a posta de sol nas Rías Baixas.
Deseguido visitarase, a pé, as mámoas, a Boca da Groba e o Foxo Pedriño, exemplo das trampas centenarias coas que se cazaba o lobo. Se o tempo o permite, tamén está previsto mirar as estrelas, e observar os cabalos ceibes da Serra da Groba.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto