 
 
Yevgeny Dzhugashvili quere limpar o nome do seu devanceiro. A figura do ex dirixente soviético está a rexurdir na sociedade rusa.
Yevgeny Dzhugashvili, neto de Iosef Stalin, levou aos tribunais o Novaya Gazeta polas publicacións do xornal ruso, onde traballou a asasinada Anna Politkovskaya, en que afirma que o ex dirixente soviético asinou persoalmente a orde de executar milleiros de cidadáns da extinta URSS.   
  A figura de Stalin está a rexurdir na sociedade rusa, que se divide entre os que o ven como un heroe revolucionario que derrotou os nazis e converteu a Unión Soviética nunha gran superpotencia e entre os que o consideran un ditador sanguinario. 
  
Dzhugashvili, de 73 anos oficial das forzas aéreas retirado, solicita unha indemnización de arredor de 200 mil euros ao Novaya Gazeta e 12 mil máis ao xornalista que escribiu o artigo. O xuízo comezou este martes e retomarase dentro dun mes.   
  
O avogado da publicación, Henri Reznik, considera que o debate sobre se Stalin foi bo ou malo non rematará. "Nunca se vai poder estabelecer unha liña cando se trata dunha figura como a de Stalin", sinalou.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto