 
Os equipos de normalización e dinamización contarán cun espazo para compartir experiencias, ademais dun deseño renovado.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística renovou a súa web, coincidindo co comezo do curso. As principais novidades atópanse na sección dedicada aos equipos de normalización e dinamización lingüística. Ademais dun redeseño, ofértase un espazo para que os equipos compartan experiencias e iniciativas dos seus centros.
Segundo informou a Xunta, a web dos ENDL ofrece agora información como recomendacións para a elaboración do proxecto de dinamización lingüística dos centros até propostas de traballo para o comezo do curso. Outros contidos fornecidos son blogues de interese, iniciativas para as familias, recomendacións bibliográficas ou consellos para o ensino do alumnado inmigrante.
A renovación tamén lle afecta ao boletín sobre novas do galego, que se distribúe a través do correo electrónico. Até o momento, xa conta con máis de mil subscritores, que se deron de alta a través da web de Política Lingüística.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto