Primeiro chanzo dunha colaboración que incluiría a actuación conxunta dos respectivos xigantes empresariais en terceiros países.
"É inconcebíbel desde o punto de vista económico que dous países que suman 300 millóns de habitantes, cun Produto Interior Bruto máis ou menos equivalente e renda per cápita semellante, teñan un fluxo de comercio de 7.400 millóns de dólares: iso non é nada", sinalou o presidente brasileiro, Lula da Silva, na súa intervención logo da xuntanza esta semana en Brasilia co presidente de México, Felipe Calderón. Lula apelou así a un incremento dos intercambios bilaterais entre os dous países co obxectivo de diminuíren dependencia doutros mercados.
Alén da posibilidade de creación dun área de libre comercio, no plano práctico, o acordo máis destacado saído deste encontro dos máximos mandatarios é o proxecto de alianza para explotación petrolífera. As respectivas empresas públicas petroleiras, Petrobrás e Pemex, xa esbozaran en 2005 unha iniciativa de colaboración que agora será ampliada. O esquema avanzado polos dous líderes políticos inclúe a posibilidade de actuación conxunta das empresas en terceiros países e proxecta ampliar a cooperación de México e Brasil no ámbito dos combustíbeis renovábeis.
Para ampliar: