Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESEMPREGO

Axuda de 420 euros para os parados sen ingresos

O Ministro de Traballo anunciou esta medida, que beneficiará a 300 mil persoas e entrará en vigor a mediados deste mes, con efectos até o pasado 1 de agosto.

Redacción - 18:30 12/08/2009
Os desempregados que non perciban ningunha renda poderán acollerse a esta axuda durante un máximo de seis meses

Os desempregados que non perciban ningunha renda poderán acollerse a esta axuda durante un máximo de seis meses

Os parados que xa esgotasen o cobro do paro e non dispoñan de ingresos beneficiaranse desta axuda de 420 euros mensuais. Así o anunciou o ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, quen estimou que a medida beneficiará a un total de 300 mil persoas. Poderán percibir esta cantidade durante un período de seis meses, evitando así, segundo o ministro que "queden desamparados dende o punto de vista da protección social".

O beneficiario da renda, a cambio, asumirá o compromiso co servizo público de emprego de participar nun itinerario de formación e emprego. O obxectivo desta iniciativa, dixo, "non é o de crear un subsidio, senón o de dar unha renda de protección para que as persoas que a reciban teñan acceso a unha formación e poidan volver ao emprego canto antes".

A permanencia desta medida, que se aprobará este xoves en Consello de Ministros, estará condicionada á evolución do paro e das condicións económicas, polo que, malia que os perceptores só recibirán a axuda durante seis meses, podería permanecer en vigor durante máis tempo. O seu custo ascende aos 400 millóns de euros, que correrán a cargo do Servizo Público de Emprego e aos Orzamentos Xerais do Estado.

O ministro de Traballo recoñeceu que as marxes de manobra do goberno español cada vez van sendo menores "como é natural e lóxico". Con todo, precisou que o executivo aínda ten capacidade de reacción, aínda que esta sexa menor da que dispoñía hai un ano, "cando o Estado tiña superavit e a súa débeda representaba a metade de media Europa".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: