 
 
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional afonda nas causas e consecuencias da rebelión en Xinjiang, onde habita esta comunidade étnica e musulmá.
 
											A líder uigur no exilio Rebiya Kadeer
O número 16º do Igadi Paper, o boletín de análise e contextualización que o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional publica para explicar os conflitos de relevancia e actualidade internacional, céntrase desta volta na Crise uigur en China. 
  O último balance eleva a 197 as persoas mortas como consecuencia da rebelión que se produciu na rexión occidental de Xinjiang, no país asiático. Destas, tres cuartas partes segundo fontes oficiais, pertencen á etnia han. Ademais, hai case dous mil feridos. 
  
Os expertos do Igadi repasan as consecuencias políticas para o Goberno chinés así como a súa resposta ás revoltas, e tamén fan un breve repaso sobre a situación actual do independentismo da comunidade étnica e musulmá uigur.
 	 	 
  A líder uigur no exilio visita Xapón 
Por outra banda, a líder desta comunidade no exilio, Rebiya Kadeer, denunciou esta cuarta feira en Toquio que arredor de dez mil uigures desapareceron nunha noite e pediu que a comunidade internacional abra unha investigación. China condenou a visita de Kadeer a Xapón.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto