Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"GARANTIR A ACONFESIONALIDADE DO ESTADO"

Pídenlle a Feijoo que non acuda á ofrenda do apóstolo como Presidente

Esculca envioulle unha carta na que lle lembra o "principio de neutralidade dos poderes públicos en materia relixiosa" recollido na Constitución.

Redacción - 12:30 24/07/2009

Deben as institucións públicas participar en actos relixiosos? Contradí esta participación o carácter aconfesional do Estado, recollido na Constitución de 1978? Dende Esculca emprazan ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a non participar na Ofrenda ao Apóstolo que se celebra cada 25 de Xullo na catedral de Santiago de Compostela por tratarse dun "acto de carácter relixioso, e a manter en todo o momento un respecto escrupuloso ao principio de aconfesionalidade e neutralidade das institucións públicas en relación con as diversas igrexas ou cultos relixiosos existentes".

A través dunha carta este organismo lémbralle a Núñez Feijóo que o Estado español é aconfesional, o que debe implicar "un principio de neutralidade dos poderes públicos en materia relixiosa". Polo tanto, dende Esculca consideran que a neutralidade do Estado obrígao a prohibirse a si mesmo "calquera concorrencia, xunto dos cidadáns, en calidade de suxeito de actos ou actividades de signo relixioso". "Así consta na Constitución e así o declara o Tribunal Constitucional, garante final dos dereitos e liberdades públicas; entre eles o do dereito a liberdade relixiosa e da aconfesionalidade do Estado" sinalan dende Esculca, observatorio galego na defensa dos dereitos e liberdades públicas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: