 
O sindicato UXT pediulle á Dirección Xeral que atenda as suxestións e a opinión do funcionariado á hora de implantar o sistema.
O sindicato nacional de Xustiza da UXT amosou o seu descontento pola situación nos xulgados do país, especialmente no que se refire ao uso das aplicacións informáticas. UXT denunciou que o mal funcionamento destes sistemas inciden no empeoramento da eficacia xudicial.
 
  Para o sindicato, a implantación do sistema informático Minerva en substitución do anterior software Libra, provocou o colapso dos xulgados, que achaca ás deficiencias e á "lentitude extrema" do programa, e que prexudica os xa saturados 
órganos xudiciais. Segundo UXT, isto provocou malestar entre o funcionariado e impide a prestación duns servizos públicos de calidade. 
  As primeiras denuncias xa se produciron en febreiro de 2009, durante o período de probas de Minerva. UXT sostén que é 
necesario incrementar o persoal ao servizo da Dirección Xeral de Xustiza para atender as incidencias informáticas e facer un seguimento. Tamén considera que, á vista das próximas reformas de leis procesuais, un grupo de expertos informáticos e xurídicos adapten os modelos á nova lexislación. 
  O sindicato tamén se queixa de que a Dirección Xeral desprezou os sindicatos á hora de negociar a implantación de Minerva e, no canto diso, reuniuse con colectivos que nin usan o programa nin teñen representación na mesa sectorial. 
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto