Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
conexións ferroviarias

O BNG advirte que o financiamento do TAV está "aínda sen despexar"

O voceiro dos nacionalistas no Congreso español pediu a comparecencia do ministro de Fomento, Xosé Blanco, após a xuntanza deste con Feijoo.

Redacción - 08:00 25/06/2009
Tags: Fomento TAV

O voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, advertiu que se seguen "sen despexar" as fórmulas de financiamento para a alta velocidade galega, polo que solicitará a comparecencia do ministro de Fomento, Xosé Branco, no Congreso, para que explique tanto estes datos coma o novo calendario desta infraestrutura.

Após a xuntanza que esta cuarta feira mantivo Blanco co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o deputado nacionalista afirmou que as novas datas para o TAV a Galiza "non só significan un atraso" sobre as que se deron, senón que se engaden novas incertezas" en relación ás fórmulas de financiamento. Para Jorquera, a hipotética entrada de capital privado para financiar o TAV "non ofrece confianza" e supón "unha gran incerteza".

Ademais, criticou que a Xunta poida colaborar no financiamento porque "non é a súa función adiantar diñeiro para as conexións interiores, e moito menos nunha situación de crise económica". "Non compartimos estas fórmulas porque é a rede ferroviaria estatal que lle compete ao Estado", aseverou.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: