Máis de 500 estudantes leron textos do poeta uruguaio na Biblioteca Nacional de Madrid. Achegámoslles os versos inéditos.
Cuando la poesía abre sus puertas
uno siente que el tiempo nos abraza
una verdad gratuita y novedosa
renueva nuestro manso alrededor
cuando la poesía abre sus puertas
todo cambia y cambiamos con el cambio
todos traemos desde nuestra infancia
uno o dos versos que son como un lema
y los guardamos en nuestra memoria
como una reserva que nos hace bien
Mario Benedetti entregoulle hai uns días ao seu editor o texto, 'Cuando la poesía', que forma parte da obra 'Biografía para encontrarme', na que o poeta estaba traballando cando tivo que ser ingresado no hospital. Benedetti continúa en "estado delicado" no sanatorio Imapasa de Montevideo polo empeoramiento dunha enfermidade intestinal, onde xa foi tratado o pasado ano en tres ocasións: en xaneiro por unha enterocolitis, en marzo por problemas respiratorios, e en maio a causa dunha descompensación. O poeta, de 88 anos de idade non foi informado do falecemento, este martes, de pasamento da poeta uruguaia Idea Vilariño, integrante tamén da Xeración do 45, para evitar que a noticia puidese afectar ao seu estado.
O inédito 'Cuando la poesía' foi presentado este martes en Madrid durante a homenaxe que a Biblioteca Nacional e a Fundación Instituto de Cultura do Sur lle renderon, coa participación de máis de 500 estudantes, que leron durante todo o día os seus poemas.