 
 
Na protesta, que partiu da Alameda e rematou na Quintana, participaron medio cento de colectivos de diferentes comarcas do país.
 
											Centos de persoas xuntáronse na alameda de Compostela
Arredor de tres mil persoas achegáronse até a capital do país para participar na mobilización organizada pola plataforma 'Galiza non se vende'. A manifestación, que partiu da Alameda e finalizou na Quintana, quixo chamar a atención sobre a necesidade de pór en práctica políticas máis respectuosas co medio.
Nunha mañá máis propia da primavera, a manifestación botou a andar no medio dun ambiente moi festivo.  As principais críticas contra o actual Goberno tiveron moito que ver cos proxectos acuícolas e eólicos. Mais nas pancartas podíanse ver numerosas reivindicacións de carácter máis local: Reganosa, as obras do Tren de Alta Velocidade, O Courel, a depuradora de Coruxo...
O humor estivo presente ao longo do percorrido, dende un grupo cómico que pedía o voto para o Bloque Socialista Popular (co logo dos tres partidos ao revés) até carteis co lema de “contra Fraga viviamos mellor”. Xa na praza da Quintana, a plataforma 'Galiza non se vende' fixo público un comunicado no que se piden políticas máis sustentábeis que permitan un desenvolvemento económico respectuoso co medio ambiente.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto