Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
UNHA LECCIÓN MÁIS AMENA

A Historia de Portugal tamén se pode aprender nunha hora

Os teatros portugueses abren a súa programación á pedagoxía histórica.

Redacción - 18:15 17/01/2009

O ensino da historia non só é unha tarefa dos mestres. Un exemplo é o que está a acontecer en Portugal. Nos teatro deste país están a se representar dúas obras que demostran a primeira afirmación: História de Portugal em uma hora e História do 25 de Abril, do Teatro Azul e do Teatro Oeste, respectivamente. O autor das mesmas, Nuno Miguel Henriques explica que coas obras pretende "desmitificar a historia do país, facéndoa accesíbel e interesante".

História de Portugal em uma hora abrangue dende a época visiogada até a fundación da nacionalidade. Polo medio pódense ver as luitas con Castela, a reconquista cristiá, a morte de Inés de Castro, o Estado Novo, o 25 de Abril ou a entrada na Unión Europea.

Precisamente, neste penúltimo episodio está centrada outra obra do mesmo autor agora mesmo en representación: História do 25 de Abril, un espectáculo interactivo que relata os feitos da revolución portuguesa que rematou coa ditadura.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: